Asociación Xuvenil Cultural Mare Podium
|
Asociación
A Asociación Xuvenil Cultural Mare Podium está formada por mozas e mozos que traballan polos xóvenes, pola cultura, costumes, tradicións… dentro dun marco cívico, ético e moral.
A defensa dos nosos valores, ideas e discursos facémolo coa forza que nos impulsa a reivindicar os nosos intereses e necesidades, traballando por unha sociedade plural con identidade propia.
Para proporcionar e aumentar alternativas de Ocio, Cultura e Medio ambientais, estamos a elaborar proxectos para cambiar o ciclo que nos está levando a unha sociedade cultural global.
Un dos nosos obxetivos é o achegamento da xuventude á cultura tradicional como referente para o entendemento da propia sociedade e como medio eficaz para impedir a uniformización cultural propiciada pola sociedade actual.
|
|