Ademáis dos Maios e do Entroido temos outras costumes e tradicións, unhas máis novas ca outras.
As nosas festas patronais comezan a noite de San Xoán, o Patrón de Poio. As fogueiras para espantar os meigallos exténdense por todo o concello.
A noite anterior ó “Corpus Chisti” as veciñas e veciños elaboran as tradicionais alfombras florais. Realízanse con varias formas, predominando as figuras de flores e as relixiosas.
Como pobo mariñeiro ríndese culto a Virxe do Carme. Celébrase unha procesión polo mar, na que os barcos son engalanados con flores e bandeiras, para acompañar a Virxe do Carme na súa viaxe pola ría rodeando a illa de Tambo.
No monte da Escusa (Castrove) celébrase a coñecida Rapa das Bestas, na que os propios veciños apresan os cabalos salvaxes para marcalos e cortarlles as crinas.
A finais de agosto celébrase a Festa do Mar en Combarro, que ten como principal cometido realzar a noso patrimonio marítimo. Nesta festa atopamos unha mestura de gastronomía, artesanía e música.
Os Encontros de Embarcacións Tradicionais que se celebran eses días en Combarro, reúnen a dornas, gamelas, bucetas, botes, lanchas, galeóns… embarcacións que se esqueceron no tempo e agora son recuperadas gracias a cultura mariñeira que vivimos na actualidade.
Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación - Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual